¡Wikipedia cumple 20 años
y hay que celebrarlo!

PARTICIPA

Imaxina un mundo no que todas as persoas teñan acceso libre á suma do coñecemento e poidan participar na súa construción colectiva

MÁIS DE WIKIPEDIA

A enciclopedia libre cambiou a forma en que construímos e accedemos ao coñecemento en Internet. Wikipedia, o quinto sitio web máis visitado na rede, é o noso proxecto máis coñecido. Quizais non saibas que ten 11 proxectos irmáns que nos permiten expandir Wikipedia, xerar coñecemento compartido en diferentes formatos e mellorar o acceso á información para todo o mundo.

DEREITOS DIXITAIS

Defendemos o acceso universal á información, a privacidade de quen habita a rede e a súa liberdade de expresión. Formamos as institucións sobre a importancia de preservar unha Internet gratuíta e aberta. Todas as persoas teñen dereito a buscar, crear e compartir cultura e coñecemento na Internet.

APÓIANOS

Hai moitas formas de apoiar a Wikipedia e os seus proxectos irmáns. Como organización sen ánimo de lucro a nosa actividade é posible grazas ás doazóns de miles de persoas, ás cotas das persoas asociadas e ao traballo que se realiza dende a nosa rede de voluntariado.

+ de 0
arquivos lanzados e novas páxinas
+ de 0
editatones e obradoiros en 2019
case 0
participantes nas nosas actividades

WIKIMEDISTAS

Escribo artigos na Wikipedia desde 2003 e edito sobre temas relacionados coa miña cidade: Valladolid. Gústame achegar o meu gran de area ao coñecemento libre.
Lourdes Cardenal
Socia de WMES
Colaboro cos proxectos de Wikimedia desde 2015 e formo parte de Cuarto Propio en Wikipedia, un espazo feminista para reducir a fenda de xénero en Wikipedia.
Carmen Galdón
Socia de WMES
Con Wiki Takes Áreas Rurais, damos visibilidade ao patrimonio das rexións xeográficas despoboadas. Completamos contidos de proxectos Wikimedia en linguas ben diversas.
Adrián Estévez
Socio de WMES

Wikipedia e os proxectos Wikimedia mudaron o xeito en que accedemos e construímos coñecemento no ecosistema dixital. Canto máis diversas sexan as persoas que participan, máis completa é a información dos nosos contidos. Para reducir as fendas e sesgos necesitamos que Wikipedia recolla información representativa de todas as culturas e colectivos e que estea dispoñible en todos os idiomas.

Axúdanos a liberar e compartir coñecemento

A nosa comunidade de voluntariado global inclúe máis de 200.000 persoas editando e compartindo coñecemento en múltiples formatos, millóns de persoas consultando información ou lendo e decenas de miles facendo pequenas doazóns para apoiarnos.