¡Wikipedia cumple 20 años
y hay que celebrarlo!

PARTICIPA

Non só de Wikipedia se nutre o coñecemento libre

A visión do movemento Wikimedia é conseguir un mundo no que todas as persoas teñan acceso libre á suma de coñecementos e poidan participar na súa construción colectiva. Seguimos as filosofías do coñecemento e a cultura libres, que defenden o dereito fundamental de acceso a estes.

Wikipedia, a enciclopedia que todo o mundo pode editar, é o noso proxecto máis coñecido, pero traballamos con outros 11 proxectos colaborativos de coñecemento libre na rede. Por exemplo, Wikidata, unha base de datos estruturada; ou Wikimedia Commons, o maior repositorio multimedia gratuíto do mundo.

Os proxectos Wikimedia

Unha enciclopedia colaborativa escrita en máis de 300 idiomas por persoas voluntarias de todo o mundo. Toda persoa ten dereito a acceder ao coñecemento de xeito gratuíto, en calquera lugar e na súa lingua.

O repositorio central de datos estruturados para proxectos Wikimedia e máis alá. Estruturar datos nun formato lexible por máquina facilita a súa visualización, busca, edición, uso e reutilización de datos e arquivos.

O repositorio multimedia libre para consultas e descargas máis grande do mundo. Con coleccións de ilustracións, fotografías, debuxos, vídeos, música, infografías e moito máis.

Unha biblioteca dixital con libros, textos e documentos históricos libres de dereitos ou de dominio público. Inclúe poesía, documentos de gobernos, as Constitucións de moitos Estados e literatura xeral.

Unha colección de citas de personaxes relevantes e obras creativas en máis de 75 idiomas. Inclúe proverbios, refráns, declaracións, lemas, citas de libros, películas e grandes frases de persoas recoñecidas.

Unha alternativa libre aos sitios comerciais de noticias en liña, con artigos cuxos datos foron verificados e revisados pola comunidade. Unha fonte gratuíta de novas para que todas as persoas poidan contribuír.

Un dicionario multilingüe libre, dispoñible en máis de 170 idiomas, co obxectivo de describir todas as palabras de todas as linguas. Inclúe palabras descontinuadas por outros dicionarios como o da RAE e diversos recursos lingüísticos.

Unha colección libre e gratuíta de libros electrónicos, incluíndo libros de texto, guías de instrucións, manuais ou libros de cociña. Unha ferramenta de escritura colaborativa para todos os públicos.

A plataforma de viaxes definitiva, cuxo obxectivo é crear a guía de viaxes máis completa e actualizada do mundo. Completamente libre e gratuíta. Con percorridos e recomendacións das persoas que a len e escriben.

Unha base de datos taxonómica de especies nas que se recollen dende fósiles a seres vivos dos reinos Animalia, Plantae, Fungi, Bacteria, Archaea, Protista e outras formas de vida.

Un centro dixital de recursos, investigación e proxectos educativos. Para todos os niveis, tipos e estilos de educación formal e informal.

Un proxecto central para a coordinación da comunidade e a organización de tarefas no ecosistema Wikimedia.

Software libre e de código aberto que calquera pode usar, cunha gran comunidade de desenvolvemento tecnolóxico detrás. A ferramenta coa que se constrúen os proxectos de Wikimedia.

Axúdanos a liberar e compartir coñecemento

A nosa comunidade de voluntariado global inclúe máis de 200.000 persoas editando e compartindo coñecemento en múltiples formatos, millóns de persoas consultando información ou lendo e decenas de miles facendo pequenas doazóns para apoiarnos.